Biografía

Pablo Fidalgo Lareo (Vigo, 1984) escribiu o libro La educación física (Pre-Textos, 2010), elixido por El Cultural como un dos cinco mellores libros de poesía publicados en 2010 en España. En 2012 gaña o Premio Injuve de poesía polo libro La retirada. Publicou o libro de artista El tiempo de las tragedias absurdas (Fundación Cuña-Casasbellas, 2012). En 2013 publica o seu terceiro libro de poemas Mis padres: Romeo y Julieta (Pre-textos). Os seus textos foron recollidos en varias antoloxías, e foron traducidos ao portugués, ao francés, ao polaco, ao inglés e ao persa. O seu relato ¿Qué quieren estas personas que llaman de madrugada? foi incluído na antoloxía de nova narrativa española Última temporada (Lengua de trapo, 2013).

En solitario crea a peza escénica O estado salvaxe. Espanha 1939 (2013), que se presentou en diferentes festivales de España, Portugal e Arxentina, e que seguirá en xira durante 2014 e 2015. Forma parte de Sete anos, sete peças, un proxecto de creación dirixido por Claudia Dias. A súa peza escénica para adolescentes Só ha uma vida e nela quero ter tempo para construir-me e destruir-me, vaise levar é escea por Ana Borralho y Joao Galante, y formará parte do Ciclo Panos de Culturgest (Lisboa, 2015).

Foi artista residente en diferentes centros de creación como o Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela), Aula de Danza da UAH-La Casa Encendida (Madrid), Cal Estruch (Sabadell), Bilbaoeszena-Festival Bad, CentroPárraga (Murcia), Azala (Alava) Lanimal á esquena (Girona). O seu traballo foi presentado en España, Portugal, Italia, Alemaña, Polonia, Uruguai, Brasil, Arxentina, Chile e México.

Dende 2004 ata 2013 Pablo Fidalgo formou parte da compañía La Tristura, que estreou cinco pezas: La velocidad del padre, la velocidad de la madre, Años noventa. Nacimos para ser estrellas (Premio Injuve Propuestas Escénicas 2008), Actos de juventud (Escena Contemporánea 2010). Materia Prima (La Casa Encendida, 2011; nominado aos Premios Max de Teatro como Mellor Espectáculo Revelación) y El sur de Europa. Días de amor difíciles (Escena Contemporánea 2013).

Estreou pezas en colaboración cos artistas Miguel Bonneville (¿Qué hacen a estas horas los coroneles?, 2014), Fon Román (Persona non grata, 2014), Uxía P. Vaello (Quiñones/Vaello, 2014) e Estefanía García (La democracia, 2009). Para o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) coordinou os ciclos Resistencias (2011) e Material memoria (2013-2014). Además foi comisario do ciclo El grado cero del teatro. Reescribir la historia desde la escena (Alhóndinga Bilbao, 2014) e é asesor de diferentes festivales. A partir de 2014 dirixe o proxecto estable MARCO Escena. Dirixe o Festival Escenas do cambio. Festival de Inverno de teatro, danza e arte en acción. (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela), dende a súa primeira edición en 2015.Vive e traballa en Lisboa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s